|
Cumio de Copenhague: Mudemos o sistema, Non o Clima ! |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Luns, 07 Decembro 2009 12:25 |
|
A mudanza climática é a cara máis preocupante dunha crise socioambiental global que afunde as súas raíces no produtivismo e no consumismo. Un problema cuxos principais responsábeis son os gobernos e as transnacionais dos países enriquecidos, xunto coas institucións internacionais do Banco Mundial, o Fondo Monetario Internacional e a Organización Mundial do Comercio, mais que golpea primeiro e máis forte ás persoas máis pobres. Queda xa pouco tempo para prevenirmos unha mudanza climática catastrófica.
O Cumio do Clima de Copenhague non pode fracasar, malia os intentos de boicot dos EUA. É urxente acadar un acordo legalmente vinculante de redución das emisións de dióxido de carbono (CO2) e outros gases causantes do cambio climático que substitúa o Protocolo de Quioto a partir de 2013. Pero non vale calquera acordo. Precisamos un que recoñeza a Débeda Climática dos países enriquecidos cos empobrecidos, causada polo seu exceso de emisións históricas e actuais desestabilizadoras do clima, débeda que fai parte da máis ampla Débeda Ecolóxica.
A Rede Anticapitalista únese desde Galiza á xornada global de mobilización contra a mudanza climática do 12 de decembro. Faino defendendo os tres “c” do principio da Xustiza Climática: contracción (redución) das emisións mundiais; converxencia nas emisións por habitante; e compensación dos gobernos e transnacionais que son responsábeis da crise climática aos que sufren as súas consecuencias.

|
|
LAST_UPDATED2 |
|
|
Reyna denuncia a represión en Honduras e apela a non lexitimar o goberno de Honduras |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Venres, 04 Decembro 2009 18:33 |
|
Esta mañá os colectivos Amarante, ACSUR-Galiza, Coordinadora Galega de Crentes, Enxeñeiría Sen Fronteiras, Foro de Inmigra ción, Fuco Buxán, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia, Wipala quixemos mostrar o noso apoio ante os graves acontecementos que están tendo lugar en Honduras tralas eleccións do pasado domingo.
Para dar testemuño da situación do pobo hondureño visitou Galicia, a sindicalista Reyna Domínguez que denunciou que antes e tralas eleccións a represión en Honduras foi en aumento. Os e as sindicalistas e dirixente do Frente Contra o Golpe de estado están sendo perseguidos, realizando asasinatos selectivos e continúa violación dos dereitos fundamentais.
Por todo elo, e ante o silencio moitas veces do que está a acontecer e despois de 4 meses de loita organizada e pacífica solicitamos o apoio ós gobernos tanto o galego, como estatal e europeo e chamámolos a que sexan conscientes do que está a acontecer e non recoñezan o intento de lexitimación do goberno e o golpe de estado.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
Visita da sindicalista hondureña Reyna E. Domínguez |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Xoves, 03 Decembro 2009 11:45 |
|
Dentro da continuación das actividades de Encadeadas,p ertencentes á Campaña Roupa Limpa e financiadas pola UDC, este xoves e venres (3 e 4 de decembro) teremos en Galicia a visita da sindicalista Reyna E. Dominguez que estará en varias acción en Coruña e Compostela.
Pertence ó Sindicato de Traballadores da Empresa Jerzeesh de Honduras e acaban de gañar unha loita de moitos meses contra a empresa e unha das multinacionais que se abastecía de dita empresa, a marca Fruit of the Loom, por despedir a 1.200 traballadoras e traballadores e pechar a empresa, ó ser creado o sindicato para esixir unhas mellores condicións laborais.
Tras moito tempo de presión cara a marca por parte de miles de activistas e universidades , neste caso de Estados Unidos e Canadá, e do traballo destas mulleres, a empresa volverá a abrir e readmitir a tódalas traballadoras.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
AMARANTE incorpora ás súas tendas liñas de produción galega nunha aposta pola Soberanía Alimentar |
|
|
|
|
Escrito por Comercio Xusto
|
|
Martes, 17 Novembro 2009 23:09 |
|
A política de distribución de Amarante consolida os produtos importados directamente ou por convenios con terceiros
AMARANTE segue a traballar en facer do comercio xusto unha ferramenta de cambio no sur e de construción dun modelo galego de comercio xusto que teña en conta tamén as nosas produtoras, no concepto da Soberanía Alimentar.
Importar produtos desde miles de quilómetros, aínda que sexan producidos en condicións de respecto aos dereitos humanos dos produtores, que son producidos na nosa area xeográfica local, é unha ameaza para a mudanza climática e xenera un tipo de agricultura para a exportación e non para as necesidades da poboación.
Nesa liña de Soberanía Alimentar, Amarante acaba de incorporar as súas tendas, inicialmente de Pontevedra e Compostela, produtos de producción ecolóxica e xusta de Galicia atendendo ás demandas dos nosos clientes e tamén favorecendo aos nosos pequenos produtores/as.
As gamas de produtos que se incorporan, inicialmente son de dous proxectos sociais innovadores: Amorodo, adicados a conservas da zona pontevedresa de Forcarei, e Milhulloa, cooperativa adicada a herboristería tanto comestible como cosmética da zona de Palas de Rei ( Lugo ).
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
Organizacións sociais consiguen que o Parlamento de Galicia se pronuncie contra o Golpe de Estado |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Luns, 09 Novembro 2009 19:06 |
|
Co acordo de Tegucigalpa-San José roto segue a ser necesario o apoio das institucións públicas e das organizacións sociais ó pobo hondureño

O chamamento feito por Amarante, Acsur-Las Segovias, Coordinadora de Crentes Galegas e Galegos, Fuco Buxán, Solidariedade Internacional, Sindicato Labrego Galego, Verdegaia e Wipala ó Parlamento de Galicia, foi respostado cunha declaración pública en repulsa da situación que está a vivir Honduras.
Os acontecementos da semana pasada, nos que os golpistas rompían o pacto asinado días antes sen ningún tipo de explicación fan que adquira unha especial relevancia a Declaración Pública do Parlamento de Galicia, que se posiciona contra o Golpe de Estado e polo tanto do lado do pobo hondureño.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 4 de 8 |