|
Xornadas contra a Banca en Vigo: O seu Beneficio é a nosa Crise |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Venres, 06 Novembro 2009 13:05 |
 |
|
|
II Xornadas en-cadeadas: os retos das mulleres traballadoras do téxtil |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Venres, 30 Outubro 2009 22:30 |
|

Sendo Galicia un referente na moda, o modelo de empresa globalizada está afectando a traballadoras e traballadores de Galicia coa perda masiva de empregos, ao tempo en que se fan máis acusadas as condicións de explotación e abuso noutras partes do mundo onde existe unha feble lexislación.
Nestas segundas xornadas buscamos analizar e achegar á sociedade as posibilidades e atrancos que deben enfrentar as mulleres para poder organizarse, crear seus propios espazos de reivindicación ou apoio mutuo e reclamar os seus dereitos e condicións laborais e sociais dignas dentro do sector téxtil.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
Amarante fai un chamamento ó Parlamento de Galicia para que condene o golpe de estado en Honduras |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Xoves, 22 Outubro 2009 17:07 |
|
O 19 de Outrubro, Amarante xunto a Acsur Galiza, Coordinadora de Crentes Galegas e Galegos, Fuco Buxán, Solidariedade Internacional, Verdegaia, Sindicato Labrego Galego e Wipala, fixo un chamamento oficial ó Parlamento Galego para que se posicione como institución pública ante o golpe de estado en Honduras.
A solicitude veu da man do Frente Nacional contra o Golpe de Estado en Honduras, a través de un dos seus representantes, Erasto Reyes, que estivo de visita en Galciia durante os días 16, 17 e 18. O propósipo da súa visita foi artellar relacións con organizacións galegas que poidan dar soporte ós chamamentos de solidariedade que faga o Frente Nacional contra o Golpe de Estado de Honduras, ademais de buscar unha relación a longo prazo que fortaleza loitas de fondo como a resistencia contra os Tratados de Libre Comercio da UE.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
Roupa Limpa en Europa impulsa a Campaña "Salarios Dignos en Asia" |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Xoves, 08 Outubro 2009 16:20 |
|

Inicia a nivel Europeo a Campaña “Salarios dignos en Asia” (Asia Floor Wage Campaign) onde activistas de 12 países europeos participarán en diferentes actividades esta semana para denunciar os baixos salarios que reciben os traballadores e as traballadoras que confeccionan a roupa que se vende nas grandes superficies. Con estas accións, que se realizarán en torno ao Día Internacional por un Traballo Decente (7 de outubro), a Campaña Roupa Limpa europea presiona cadeas de distribución como Carrefour, Tesco, Aldi ou Lidl para que tomen en consideración a proposta da "Asia Floor Wage Campaign".
“Empresas como Carrefour, Aldi ou Lidl non poden ignorar por máis tempo as condicións desesperadas que viven as traballadoras que confeccionan os seus produtos", afirma Jeroen Merk do Secretariado Internacional da Campaña Roupa Limpa.
Asia Floor Wage Campaign é unha proposta de ONG e sindicatos asiáticos que responde ás prácticas dunha industria na que a competencia entre mercados laborais precarios e inxustos mantivo os salarios a un nivel de miseria durante décadas. O salario medio dunha obreira da confección en Asia é duns 2 dólares por unha xornada oficial de 8 horas que se incumpre sistematicamente chegando a superar as 14 horas en momentos de puntas de traballo. Aínda que os prezos en Bangladesh, a India ou China, sexan máis baixos que en Europa ou Estados Unidos, organizacións e sindicatos calculan unha obreira bengalí debería cobrar uns 8 dólares diarios para equiparar a súa capacidade de compra á dunha obreira media da UE.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
O Curso de Compra Pública Responsable ten como principal destinatario o funcionariado |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Xoves, 08 Outubro 2009 16:01 |
|

Aberto o prazo de matrícula para o primerio Curso sobre COMPRA PÚBLICA RESPONSABLE en Galicia.
DATA INICIO DE MATRÍCULA:
Luns 5 de outubro DATA FIN DE MATRÍCULA:
Venres 16 de outubro
En datas inmediatamente posteriores publicarase na web da EGAP o listado de persoas seleccionadas.
A inscrición realizarase cumprimentando o formulario tipo ( pdf 307.93 Kb) e enviando por Fax ao 986 848 159 ou por correo electrónico no correo
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
.
Toda a información e MATRICULA aquí e na web da EGAP (Escola Galega de Administracións Públicas).
Ante calquera dúbida ou cuestión, pregámosvos que vos poñades en contacto con AMARANTE Setem a través do correo electrónico
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
ou no teléfono 988 601 921.
PROGRAMA E DETALLES DO CURSO 330.50 Kb
FICHA DE INSCRICIÓN ( pdf 307.93 Kb)

-------------------------------------- NOTA IMPORTANTE: -------------------------------------- O curso non será publicado no DOG como se anunciou en un principio e o prazo de matrícula comeza coa súa publicación na web da EGAP. A actividade terá un recoñecemento oficial por parte da EGAP, que se plasmará nos títulos, diplomas ou documento xustificativos da súa realización, que a EGAP expedirá as persoas interesadas.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 5 de 8 |