|
Concentración en apoio á resistencia hondureña na festa de Amarante |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Mércores, 07 Outubro 2009 23:01 |
|

O sábado 3 de outubro en Pontevedra, no marco da festa da Soligariedade que serviu para celebrar o X Aniversario da organización AMARANTE, realizouse unha concentración de solidariedade coa resistencia hondureña que contou coa participación de preto de 200 persoas que asistían a dita celebración.
Entre os asistentes ademais de membros de AMARANTE, estaban presentes membros doutros colectivos sociais galegos coma VERDEGAIA, FORO DA INMIGRACIÓN ou ALTERMUNDO.
Durante o acto deuse lectura dun MANIFESTO ( que reporducimos a continuación ) que facía fincapé na necesidade de restablecer a presidencia de Zelaya e apoiar tódalas accións do Fronte Nacional Contra o Golpe de Estado encamiñadas a tal obxectivo.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
|
Amarante sumase ao chamado internacional de apoio á resistencia hondureña |
|
|
|
|
Escrito por amarante
|
|
Martes, 29 Setembro 2009 19:14 |
|

Tras varios meses desde o golpe de estado en Honduras, e ante a imposbilidade de doblegar á resistencia popular, o goberno golpista de Micheletti ten endurecido a represión e suspendido os dereitos constitucionais.
A volta dos militares ao poder nun país de América Latina faise en condicións e circunstancias moi diferentes as que caracterizaron esta rexión na década dos 70 e 80.O impulso do modelo neoliberal a partir da década dos 90 serviu para crear as condicións para unha democratización da zona e construír un novo modelo político onde nos venderon que os militares xa eran parte do pasado.
En realidade era así porque non existían alternativas antisistemicas na zona que puxeran en perigo a hexemonía do capitalismo ou do dominio norteamericano. A extensión de movementos socio-políticos acompañados de trunfos electorais en Venezuela, Bolivia, Ecuador,… teñen cambiado esta situación e volven a activar os mecanismos de intervención de USA na zona (non debemos esquecer que antes deste golpe houbera intentonas en Venezuela e Bolivia).
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
Amarante cumple 10 anos virada cara ao futuro |
|
|
|
|
Escrito por amarante
|
|
Mércores, 16 Setembro 2009 19:29 |
|

O próximo 3 de outubro AMARANTE cumpre 10 anos. Lamentablemente non se ten a posibilidade de celebrar o decimo aniversario dunha organización social tódolos días. E aínda que 10 anos non é nada, moitas cousas teñen mudado neste tempo que nos teñen obrigado a ir adecuando as nosas ideas ao mundo do capitalismo global co que nos tocou lidiar e combater co fin de ser efectivo na nosa misión, sen traizoar os nosos principios e non renunciando aos nosos obxectivos.
Cando en outono de 1.999 un grupo de tres persoas, arroupadas por uns “magníficos” asesores, constituíamos AMARANTE na cidade de Pontevedra non podiamos imaxinar, nin nas mellores das nosas expectativas, que o proxecto de solidariedade galego, critico e ecosocial coma o definimos naquel intre, ía a ter o despliegue que despois tivo nin a incidencia social e influencia institucional que chegou a adquirir.
Faise moi difícil resumir brevemente o que significaron estes 10 anos.
A nosa base social pasou de 5 a 257 persoas. Os nosos orzamentos de 300 € a máis de 300.000 € anuais. Pasamos de traballar desde un ciber da rúa San Antoniño a ter cinco sedes locais . Fomos chaves en asentar en Galicia iniciativas coma o Comercio Xusto, as Finanzas Éticas ou a Compra Pública Responsable.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
A crise esixe responsabilidade social, ética e ambiental no uso dos recursos públicos |
|
|
|
|
Escrito por amarante
|
|
Luns, 27 Xullo 2009 16:55 |
|
As administracións públicas son responsables do 16% das compras de bens e servizos en Galicia polo que desde os colectivos sociais Amarante e Verdegaia pedirase o compromiso político dos concellos galegos máis importantes así como do parlamento galego para facer un bo uso dos recursos públicos en tempos de crise. Amarante e Verdegaia demandamos un consumo responsable tamén na administración pública galega. Por iso presentamos a campaña para a incorporación da Compra Pública Responsable en tódolos organismos públicos dende a Xunta, Deputacións e concellos na que velen e se apliquen criterios éticos, sociais e medioambientais na política de contratación especialmente de bens e servizos.
Dentro dunha estratexia de defensa dun modelo de desenvolvemento sustentable, a capacidade de incidencia na economía local da Administración é fundamental. Máis que nunca as inversións públicas deben comprometerse coas políticas ambientais (conservación e eficiencia), sociais (inserción e accesibilidade) e éticas (solidarias e de loita contra a pobreza e pola igualdade). A Administración galega non pode ser cómplice de empresas que non son socialmente responsables, contaminantes ou non cumpren cos dereitos humanos.Por todo isto presentamos unha serie de medidas e propostas coas que pretenden acadar o compromiso político e facilitar a implementación técnica de medidas que permitan profundizar na “compra pública responsable”. Neles presentamos tres eixes de actuación:
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
ROUPA LIMPA diante das Xuntas de Accionistas de INDITEX e ADZ |
|
|
|
|
Escrito por amarante
|
|
Mércores, 08 Xullo 2009 16:56 |
|

A Campaña Roupa Limpa non asistirá á Xunta de Accionistas de INDITEX diante da falla de avances reais
A Campaña Roupa Limpa, que leva asistindo oito anos á Xunta de Accionistas do Grupo Inditex, decidiu non volver asistir de forma sistemática á mesma ante os poucos avances reais da multinacional do téxtil a favor do cumprimento dos dereitos laborais en toda a cadea de fornezo. E polo tanto, non asistirá a que se realizará mañá martes en Arteixo.
Inditex aumenta ata 75% os provedores dos países máis pobres do mundo como Bangladesh
8 casos con mortos por accidentes, acoso, abusos laborais en menos de 3 anos.
Se se dobrasen os salarios o prezo final só aumentaría en 1,50 euros
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 6 de 8 |