|
O MST celebra o 5º aniversario da Escola Nacional Florestán Fernandes |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Venres, 05 Febreiro 2010 12:31 |
Dezenas de homens e mulheres passam por aqui e com suas palavras, seu trabalho, suas árvores plantadas participam dessa construção: esta é uma escola do povo, da classe trabalhadora de todo o mundo. E mais gente, muito mais gente está por vir: esta escola de terra e cimento apenas começou, tem que crescer, para dar conta de tamanho desafio. Seguir é apenas uma tarefa para quem nasceu sabendo que nunca deverá parar.(Extraído de http://www.mst.org.br/node/9035)
Con estas palabras o MST pecha o artigo de celebración do 5º aniversario da apertura da Escola Florestán Fernándes. A Escola ubícase no estado de São Paulo a só unha hora de camiño da cidade financeira de América Latina. Saír da metrópole para ir parar a un gran complexo adicado á aprendizaxe no medio do campo é quizais unha das situacións máis impactantes que viven todos os anos as persoas que participan no Xanela e viaxan con Amarante a Brasil para coñecer o funcionamento e traballo do MST.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
|
Toma posesión en Honduras o candidato vencedor das eleccións ilexítimas |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Mércores, 27 Xaneiro 2010 11:44 |
Organizacións da sociedade civil denuncian a falta de liberdade e democracia no país caribeño.
As organizacións Amarante, Acsur Las Segovias, Coordinadora de Crentes Galegos e Galegas, Foro Galego de Inmigración, Fuco Buxán, Verdegaia e Wipala levamos uns meses xuntándonos e traballando para conseguir que a realidade do que está a acontecer en Honduras e en tantos outros países da zona non sexa esquecida.
Durante os últimos meses do ano 2009 contamos coa presenza de dous sindicalistas: Erasto Reyes e Reyna Domínguez fixéronnos chegar os chamamentos de todas as persoas que queren opinar, que queren seguir a traballar porque a voz do pobo hondureño sexa escoitada e tida en conta nesta loita de poder dos intereses económicos que están a primar en Honduras.
A forte represión por parte dos que se apropiaron de forma fraudulenta do goberno provoca que a violencia, o desemprego, a miseria, … sufridos pola maioría das persoas que loitan polos seus dereitos e pola democracia sexan habituais e non denunciadas. O que podemos constatar a través das noticias que recibimos é que o pobo está unido a pesares de que se están a ver afectados todos os dereitos laborais e humanos en xeral.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
Constitúese a Asociación Fiare-Galiza |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Venres, 22 Xaneiro 2010 11:09 |
O pasado sábado 16 de xaneiro de 2010 tivo lugar a Asamblea Constituínte da Asociación Proxecto Fiare-Galiza, na que se aprobaron por unanimidade os Estatutos, traballados previamente polas 13 asociacións conformantes, entre as que está Amarante, e que levan xa case un ano traballando na difusión do proxecto e na elaboración de material e preparación da posta en marcha desta nova asociación.
A nova etapa do Proxecto Fiare en Galiza traballará, a partir deste momento, para conseguir a implicación de novas asociacións e na elaboración dun plan de formación e outro de actuación, así como na definición dos obxectivos de captación de capital social dentro do país. Con esta nova Asociación en Galicia, o proxecto Fiare xa conta con representación en oito zonas do Estado e pretende ser unha alternativa real e viable á banca tradicional, rompendo os esquemas inxustos e seu modelo operacional a través da incorporación de medidas innovadoras e alternativas para a intermediación financieira e operacións bancarias, que dean lugar a unha banca ética nun futuro xa máis próximo.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
O Concello de Boiro aproba a moción a prol da Compra Pública Responsable |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Xoves, 21 Xaneiro 2010 01:19 |
|
O pasado 14 de xaneiro aprobóuse no pleno deste concello a Moción sobre Compra Pública Responsable presentada por Amarante e Verdegaia. Con esta acción, o Concello de Boiro comprométese a seguir criterios éticos, sociais e ambientais na súa política de contratación de bens e servizos.
A Compra Pública Responsable nas Administracións Públicas define a aplicación dun conxunto de parámetros sociais, ambientais e éticos na execución dos orzamentos públicos para a adquisición e para o consumo de bens e servizos por parte das distintas Administracións Públicas, sustentada fundamentalmente na Compra Pública Ética, na Compra e no Consumo Público Sustentábel e na Compra Pública Social.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
A Campaña Quien Debe a Quien? solidarizase con Haití e esixe a cancelación da Debeda Externa |
|
|
|
|
Escrito por Amarante
|
|
Domingo, 17 Xaneiro 2010 22:04 |
|
A campaña ¿Quién debe a Quién? unese ao chamado mundial por unha resposta urxente, persistente e solidaria co pobo de Haití, que inclua a cancelación inmediata e incondicional da ilexítima debeda externa que ata o día de hoxe se cobra a Haití.
As organizacións e persoas que formamos a campaña pola anulación da debeda ¿Quién debe a Quién?[i] queremos expresar o noso apoio e solidariedade co pobo de Haití, e acompañalo nestes momentos de enorme sufrimento. Sumámonos ao chamamento internacional para que os pobos e os gobernos do todo o mundo respondan con urxencia, persistencia e solidariedade, ante o terrible terremoto que sacudiu a vida dese digno e valente pobo, afectando directamente a unha terceira parte da poboación - tres millóns de persoas - e sumando unha destrución de inimaxinables proporcións ao que xa era, para a inmensa maioría, unha situación de tremenda precarización coa violación cotiá dos seus dereitos humanos máis elementais.
|
|
LAST_UPDATED2 |
|
Ler máis...
|
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 Seguinte > Final >>
|
|
Páxina 2 de 8 |